PROCEDIMIENTO ADMISIÓN CURSO 2024-2025
¿A QUEN VAI DIRIXIDO?
- Alumnado que solicite un posto escolar por primeira vez.
- Alumnado matriculado nun centro que desexe cambiar a outro centro.
- O alumnado que pretenda continuar estudios nun centro de adscripción cando o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda.
PRAZOS
Solicitudes de admisión
Presentación de solicitudes: | Do 1 ó 20 de marzo do 2024. |
Presentación de documentación xustificativa dos criterios de baremo si o número de solicitudes é superior ó de prazas ofertadas |
Do 21 de marzo ó 3 de abril. |
Publicación do listado provisional de admitidos e non admitidos | 25 de abril. |
Reclamación do listado provisional na Secretaría do centro | 3 días hábiles contados dende o día seguinte á súa publicación. |
Publicación dos listados definitivos | 15 de maio do 2024. |
Matrícula
Educación Infantil e Educación Primaria |
Do 20 de xuño ó 30 de xuño. |
Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) | Do 23 xuño ó 7 de xullo |
As solicitudes presentadas entre o _____ do 2024 e o _____ do 2024, ambos incluídos, serán consideradas solicitudes FÓRA DE PLAZO.
DOCUMENTACIÓN
-SOLICITUDE ED550B (ANEXO II E ANEXO II BIS).
-Documento acreditativo da idade do/a alumno/a: fotocopia do DNI, Libro de familia...
-Certificado de escolaridad para alumnos/as de EP ou ESO. (solicitar no centro de orixe)
-Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
-Copia do DNI do solicitante e dos membros da unidade familiar se non acepta a comprobación automática pola administración.
SOLICITUDES DE ADMISIÓN
A normativa establece que as solicitudes axustaránse ó modelo oficial que se publica como ANEXO II da orde do 25 de xaneiro do 2017 (DOG do 01/02/2017).
A solicitud poderá presentarse:
a) de forma presencial no centro:
- Na secretaría poñerase a disposición das familias o formulario. Unha vez cuberta a solicitude, poderá entregala acompañada da documentación no centro.
- Pode imprimir o documento ED550B e entregarlo na secretaría acompañado da documentación.
b) directamente na sede electrónica da Xunta. A solicitude na sede ten asignado o código ED550B
c)a través da aplicación “ADMISIONALUMNADO”.
NOTA INFORMATIVA
Según a lexislación vixente as familias deben ter en conta que:
- Cada alumno/a só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, si presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo ó mesmo tempo ó centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
PRAZAS DISPOÑIBLES
Curso | Número unidades funcionamento | Número prazas | Prazas apoio |
4º infantil | 2 | 40 | |
5º infantil | 2 | 15 | |
6º infantil | 2 | 16 | |
1º primaria | 2 | 4 | 6 |
2º primaria | 2 | 9 | |
3º primaria | 2 | 8 | |
4º primaria | 2 | 15 | 6 |
5º primaria | 2 | 11 | |
6º primaria | 2 | 0 | |
1º ESO | 2 | 15 | 6 |
2º ESO | 2 | 10 | |
3º ESO | 2 | 18 | |
4º ESO | 2 | 10 |
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
Se o número de solicitudes é superior ó de postos dispoñibles, aplicaránse os seguintes criterios para establecer unha orde de prioridade:
CRITERIO |
PUNTUACIÓN |
Irmás ou irmáns no centro |
Primeiro irmán:8 puntos. Segundo e seguintes :2 puntos cada un. Máximo 14 puntos. |
Proxenitor/a, titor/a, acolledor/a traballador/a do propio centro
|
3 puntos, non acumulables por ambos proxenitores. |
Proximidad do domicilio familiar |
Na la área de influencia : 8 puntos. Nas áreas limítrofes: 4 puntos. |
Lugar de traballo do/a proxenitor/a, titor/a, acolledor/a |
Na área de influencia : 6 puntos. Nas áreas limítrofes: 3 puntos. |
Renda anual per cápita da unidade familiar |
Inferiores a 0,5 veces ó IPREM*: 3 puntos. Igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces ó IPREM: 2 puntos. Igual ou superior a 0,75 veces e inferior ó IPREM:1 punto. Igual ou superior ó IPREM:0 puntos. |
Discapacidade igual ou superior ó 33% ou percepción de pensión |
Do/a alumno/a : 4 puntos. Dun pai, nai, titor/a,acolledor/a ou novo conxuge ou persoa cunha relación análoga: 3 puntos. Irmá: 1 punto cada un deles. |
Familia numerosa de categoría especial
|
Categoría especial: 3 puntos. Categoría xeral: 2 puntos. |
Condición de familia monoparental |
2 puntos. |
Vítima violencia de xénero |
2 puntos. |
Vítima de terrorismo |
2 puntos. |
Irmás ou irmáns nacidos dun parto múltiple. |
8 puntos se son dous. 10 puntos se son mais de dous. |
Criterio establecido polo centro: Fillo/a de ex alumno/a |
1 punto. |
Área de influencia: Concello de Ribadeo.
* O IPREM para o ano ______ está fixado en _______ €
CRITERIOS DE DESEMPATE
- Maior puntuación por irmás ou irmáns no centro.
- Maior puntuación por proximidade do domicilio familiar ó centro ou lugar de traballo da nai, pai ou titor/a.
- Maior puntuación por renda per cápita da unidade familiar.
- Nai, pai, titor/a ou acolledor/a traballando no centro.
- Condición de familia numerosa.
- Irmás ou irmáns nacidos en parto múltiple.
- Condición de familia monoparental.
- Maior puntuación por concurrencia de discapacidade.
- Condición de vítima de violencia de xénero.
- Condición de vítima de terrorismo.
- Criterio establecido polo centro educativo.
A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos informa mediante a publicación da Resolución do ___ de ____ do 2024, do resultado do sorteo sobre as letras de prioridade para o desempate no proceso de admisión de alumnado. Para o primeiro apelido son as letras "___" e "___", e as que haberá que utilizar como elemento de desempate no segundo apelido son las letras "___" e "___".
NORMATIVA RELACIONADA
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDEN de 21 de octubre de 2022 por la que se desarrolla el Decreto 13/2022, de 3 de febrero, y se regula el procedimiento de admisión del alumnado en los centros docentes sostenidos con fondos públicos que imparten enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato reguladas en la Ley orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de educación (códigos de procedimiento ED550A, ED550B y ED550C).