Pastoral
A Pastoral nos Centros Educativos Vicencianos enténdese como a plataforma para impulsar e revitalizar a identidade evanxelizadora vicenciana en toda a nosa acción educativa.
É por iso, que nós, máis que falar de Pastoral na Escola, queremos falar dunha ESCOLA EN PASTORAL e por tanto, é o noso desexo implicar a toda a Comunidade Educativa na Acción Pastoral do Centro para conseguir a formación integral dos nosos alumnos/as mediante a vivencia dos valores evanxélicos, cultivando actitudes evanxélicas de compasión, empatía, tenrura, solidaridade..., profundando e avivando a celebración da eucaristía e traballando a competencia espiritual co noso alumnado.
Queremos que a nosa Comunidade Educativa se caracterice principalmente por desenvolver conductas humanizadoras que nazan de decisións fundamentais e libres que logren trascender máis alá do aparente.
Traballamos a Pastoral desde:
• Área de Relixión
• Titorías con Alumnos
• Titorías con Pais
• Atención á Diversidade
• Celebracións
• J.M.V.
• Colaboración coa Parroquia
Educación en valores
Cada ano, as Provincias das Fillas da Caridade de España, comparten un mesmo obxectivo para todos os Centros Educativos Vicencianos.
Este obxectivo educativo é unha chamada á procura persoal daquilo que nos enriquece, unha mirada positiva desde a que implicarnos na realidade do noso mundo e continuar transformándoo.
Cada un destes valores trabállanse anualmente a través das Xornadas de Sensibilización co alumnado e nas titorías con alumnos e familias.
Actividades programadas no centro:
• Almorzo Solidario
• Campañas Solidarias
• Formación do profesorado
JMV (Juventudes Marianas Vicencianas)
Nuestro Centro ofrece acompañamiento a todos los alumnos en su proceso de maduración en la Fé a través de asociaciones de pastoral juvenil, especialmente JMV, a la que pertenecen muchos de los alumnos y antiguos alumnos del Centro.
Qué é JMV?
Juventudes Marianas Vicencianas (JMV) é unha Asociación Internacional, cuxo obxectivo é avivar os valores da vida cristiá para iluminar as realidades humanas e comprometerse na construción dunha sociedade máis xusta vivindo a solidariedade cos pobres.
No noso Colexio os grupos de JMV comezan a partir de 4º de primaria e están abertos a cantos nenos, adolescentes e mozos queiran participar.
As reunións teñen lugar fose do horario escolar.
Identidade da Asociación
• LAICAL: A nosa asociación está formada principalmente por mozos laicos, cunha presenza activa e transformadora no medio do mundo.
• ECLESIAL: O noso apostolado na Igreza realizámolo a través do testemuño, a evanxelización e o servizo directo entre los mozos e os pobres.
• MARIANA: Nacemos por un desexo de María e ela ocupa un lugar fundamental como modelo no seguimento a Xesucristo.
• MISIONERA: En JMV sentímonos misioneiros, chamados a ser profetas e testemuñas do amor de Deus, na nosa sociedade e no "Terceiro Mundo".
• VICENCIANA: Como San Vicente, descubrimos a Xesucristo na vida dos pobres e somos conscientes de que o amor a Deus maniféstase no amor ao irmán.
Actividades de JMV
• Reunións semanais
• Obradoiros solidarios
• Convivencias a nivel de Centro, Zona, Provincial e Nacional
• Acampadas
• Campamentos de verán
• Lecer e tempo libre
• Saídas á natureza
• Encontros de Formación e oración para catequistas
• Pre-pascua e Pascua Rural e Xuvenil
• Celebracións e pasos de etapa
• Sacramentos (Eucaristía, Reconciliación e Confirmación)
• Campo de traballo
• Voluntariado Vicenciano
• Experiencias de Servizo e Misións
Acceso á páxina web de JMV