arriba

 
Blanco
PortadaseparatorProxectoseparatorAprendizaxe cooperativa

Aprendizaxe cooperativa

 img#42247


No presente curso escolar, o noso centro comezou a aplicar a metodoloxía da aprendizaxe cooperativa. Esta aprendizaxe está sendo levada á práctica mediante estruturas cooperativas, é dicir, técnicas de traballo en equipo, con roles asignados aos seus membros, uns tempos establecidos e unhas pautas de organización para desenvolver unha tarefa ou actividade.


A aprendizaxe cooperativa axuda a atender a diversidade dos alumnos, segundo os seus distintos ritmos e estilos de aprendizaxe; xa que logo, é accesible e beneficioso para todos, con independencia das súas diferenzas. Trátase dunha forma de traballar que desenvolve nos alumnos o liderado, a xestión de equipos, a resolución creativa de problemas, a expresión oral e capacidade de comprender, seleccionar e organizar a información de xeito adecuado, entre outras.


Desde o colexio Sagrado Corazón queremos dedicar con esta nova metodoloxía tempo para formar o pensamento crítico, a capacidade de análise, as habilidades comunicativas e a responsabilidade, ademais de fomentar valores e habilidades sociais que contribúan ao desenvolvemento integral dos nosos alumnos como persoas. Pretendemos conseguir unha maior motivación no noso alumnado, que traballen con interese e ilusión e que consigan aprendizaxes significativas. Con iso, fomentamos a atención á diversidade, o desenvolvemento dos nosos valores cristiáns-vicencianos e o desenvolvemento das competencias básicas e as intelixencias múltiples.