arriba

 
Blanco
PortadaseparatorO colexioseparatorA nosa historia

A nosa historia

As Fillas da Caridade establecéronse na vila de Ribadeo o 2 de febreiro de 1898, onde se fixeron cargo dun modesto Hospital-Asilo. Carentes de recursos económicos polos escasos medios da nacente fundación, decidiron abrir unha escola no mesmo edificio.


En 1918, ante o aumento do alumnado, separaron as obras e parte das irmás establecéronse nun edificio que foi doado para o devandito servizo na Rúa Trinidad. Neste centro as irmás realizaron un labor educativo moi apreciado dende os seus comezos polas xentes da vila e as autoridades do municipio.


Co paso do tempo, as aulas resultaban insuficientes e non reunían as condicións adecuadas para ofrecer un servizo de calidade, pois o edificio atopábase bastante deteriorado e o aumento de alumnos facía aínda máis necesario pensar na construción doutro. Logo dunha valoración e estudo de devandito proxecto, os Superiores aprobaron a proposta da comunidade.



 img#24104


Axudou moito a que se axilizaran as cousas a doazón duns terreos que fai ás Fillas da Caridade Dª Carmen Barcia Trelles, o 22 de setembro de 1944, á beira da estación vella, no barrio das Picarolas.


Sobre a leira construíuse un edificio de catro plantas en forma de V con saínte na súa parte interior central. A superficie total construída foi de 5.522 mts cadrados.


O Colexio obtivo a clasificación definitiva para 16 unidades do nivel E.X.B. mediante resolución do 12 de setembro de 1973. Coa entrada en vigor dos Concertos, o centro subscribiu coa Administración Educativa 16 unidades.


Na actualidade o consta de 6 unidades de Educación Infantil, 12 unidades de Educación Primaria e 8 de Educación Secundaria. Conta con grupos de Mocidades Marianas Vicencianas, Asociación da medalla Milagrosa e a axuda aos máis necesitados é constante.


Seguimos querendo continuar aquela traxectoria que empezou nun 1918 de educar na FE e para a VIDA, de transmitir unha vivencia cristiá, de traballar por transmitir unha cultura impregnada de humanismo e todo iso ao estilo de Vicente de Paúl e Luisa de Marillac que nos impulsan a crear un ambiente educativo de sinxeleza, recollemento, respecto, confianza, ledicia, lealdade e xenerosidade.



 img#18206

 img#18206