arriba

 
Blanco
PortadaseparatorNoticiasseparatorExposición fotográfica "Con Ollos Vicencianos"

Exposición fotográfica "Con Ollos Vicencianos"


Mércores, 21-Xuño-2017
Exposición fotográfica "Con Ollos Vicencianos" - Foto

O Colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo inaugurará o próximo día 23 de xuño unha exposición fotográfica titulada: “CON OLLOS VICENCIANOS” na que, tendo o alumnado como protagonista, se recollen, de xeito diverso, os valores vicencianos que constitúen o fundamento do noso proxecto educativo.
Esta exposición ten lugar no marco do 400 aniversario do carisma vicenciano, que estamos celebrando curante todo ao ano 2017 e coincidindo coa inauguración das festas que tradicionalmente celebra a nosa comunidade educativa, con ocasión da fin do curso. O acto inaugural será ás 19.00 h.
Queremos compartir a ledicia deste momento. Por iso convidamos a todas a persoas que o desexen, a acudir a visitala, no horario establecido durante estes días de festa , e durante todo o tempo de permanencia aberta ao público. Agardámosvos!
XUNTOS SOMOS MÁIS…. VICENCIANOS!



Más noticias...