
Como Centro Referente en Dereitos da Infancia, por UNICEF, marcamos con azul o 20 de novembro nas nosas axendas, día imprescindible para visibilizar e afondar nos dereiros e deberes da nosa infancia. O alumnado reflexiounou sobre as características físicas, emocionais e socias propias de cada etapa da vida para logo centrarse na infancia e adolescencia, comparándoas coas dos seus iguais en todo o mundo, coñecendo como foi a dos seus familiares e como pode ser a de xeracións futuras. Foron quenes de detectar avances e tamén aspectos a mellorar, reclamando a protección dos máis pequenos en todo o mundo.
As reflexións de todos os cursos quedaron plasmadas nun mural que decora o noso patio.
Así terémolas presentes todos os días.





