arriba

 
Blanco
PortadaseparatorFondo solidario libros, axuda libros e material

Fondo solidario libros, axuda libros e material


ORDE DO 12 DE MAIO DE 2020 POLA QUE SE REGULA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SE CONVOCAN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E EDUCACIÓN ESPECIAL EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ESCOLAR 2020/21 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED330B).




Prazo

Presentación de solicitudes Educación Primaria e ESO : do día 20 de maio ó 19 de xuño do 2020.



Formas de presentación:

-Na Secretaría do centro.

-Accedendo á aplicación Fondolibros HTTPS://WWW.EDU.XUNTA.ES/FONDOLIBROS/

-Na sede delectrónica da Xunta de Galicia, HTTPS://SEDE.XUNTA.GAL




Documentación: 

a) Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

ANEXO I e II

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.


Datas 

Listado provisional Educación Primaria: 2 de xullo

Reclamacions: 2 días seguintes á publicación provisional

Listado definitivo Educación Primaria: 7 de xullo

Listado definitivo ESO:7 setembro