Servizo de comedor
Hoxe en día, resulta cada vez máis difícil conciliar os horarios de pais e fillos. Por este motivo, o feito de que os nenos poidan comer no colexio é un factor de gran importancia. Cabe destacar ademais, o feito de que concibamos o servizo de comedor non só un lugar no que os nenos quedan a comer, senón que ao mesmo tempo ofréceselles neste espazo unha educación en valores, promovendo actitudes positivas como a saúde e a hixiene, a convivencia cos demais, a responsabilidade e o lecer.
O centro dispón de cociña propia onde se elaboran diariamente todos os alimentos servidos no comedor, tendo como obxectivos a satisfacción dos nenos e ofrecer un servizo de calidade. O servizo de comedor está xestionado pola empresa ALPRINSA que é a encargada da elaboración dos menús do noso comedor para garantir en todo momento unha correcta variedade de comidas.
Todos os usuarios que o necesiten poderán solicitar unha dieta especial (alerxias, intolerancias..) para o que deberán achegar un xustificante médico e entregar este documento cuberto en secretaría
Prezos comedor:
98€/mes de luns a venres
6€ días soltos (este curso 2022-2023 é necesario avisar da asistencia enviando un correo electrónico a secretaria@csagradocorazon.com)
Documento dieta especial ( irá acompañado de xustificante médico )
Menú comedor curso 2022-2023:
Xaneiro
Febreiro 2023
Marzo 2023
Abril 2023
Maio e xuño 2023
Dietas especiais:
- Celiaco/a.
- Celíaco/a, non lácteos
- Non peixe.
- Non lentellas.
- Non lactosa