arriba

 
Blanco

Servizo de comedor

Hoxe en día, resulta cada vez máis difícil conciliar os horarios de pais e fillos. Por este motivo, o feito de que os nenos poidan comer no colexio é un factor de gran importancia. Cabe destacar ademais, o feito de que concibamos o servizo de comedor non só un lugar no que os nenos quedan a comer, senón que ao mesmo tempo ofréceselles neste espazo unha educación en valores, promovendo actitudes positivas como a saúde e a hixiene, a convivencia cos demais, a responsabilidade e o lecer.

O centro dispón de cociña propia onde se elaboran diariamente todos os alimentos servidos no comedor, tendo como obxectivos a satisfacción dos nenos e ofrecer un servizo de calidade. O servizo de comedor está xestionado pola empresa ALPRINSA que é a encargada da elaboración dos menús do noso comedor para garantir en todo momento unha correcta variedade de comidas.

Todos os usuarios que o necesiten poderán solicitar unha dieta especial (alerxias, intolerancias..) para o que deberán achegar un xustificante médico e entregar este documento cuberto en secretaría DOCUMENTO ALERXIAS


Prezos comedor:

98€/mes de luns a venres

6€ días soltos (este curso 20-21 é necesario avisar da asistencia enviando un correo electrónico a secretaria@csagradocorazon.com)

 

 

Menú comedor curso 2020-2021:

 

» Menú 1º TRIMESTRE curso 2020-2021

» MENÚ 2º TRIMESTRE CURSO 2020/2021

» MENÚ 3º TRIMESTRE CURSO 2020/2021