Acción educativa
Aspectos básicos da nosa acción educativa:
• Potenciamos a motivación e o estímulo como base do crecemento persoal do alumno para que chegue ao máximo das súass posibilidades.
• Optamos por unha educación personalizada, acomodada ás necesidades de cada alumno tendo en conta o entorno onde está inserto.
• Orientamos aos alumnos no seu traballo formativo para que descubran a súas aptitudes e limitacións, aprendan a desenvolver as súas capacidades e a tomar decisións con liberdade e responsabilidade.
• Adoptamos unha metodoloxía didáctica aberta e flexible, consecuente cos obxectivos educativos que procura a escuela.
• Damos a debida importancia á creatividade e o desenvolvemento da capacidade intelectual do alumno, de modo que el mesmo sexa o constructor do seu propio saber.
• Favorecemos a educación a través da actividade motriz e da expresión corporal, fomentando a adquisición de destrezas e habilidades.
• Valoramos a convivencia, as relacións de cooperación entre compañeiros e os hábitos de comportamento democrático.
• Poñemos os avances tecnolóxicos ao servizo da educación, e preparamos aos alumnos para a vida ensinándolles a comprender e valorar, con espírito crítico, as distintas formas de expresión.
• Fomentamos a formación permanente do Profesorado e a súa actividade investigadora a través da práctica docente.
• Promovemos a formación das Familias para a educación dos seus fillos na familia e a adecuada colaboración no Centro.
• Formamos no respeto e defensa da vida humana e do medio ambiente.
• A través da autoavaliación continua verificamos o nivel de calidade da acción educativa da escola e a súa adecuación aos intereses e necesidades das familias e alumnos.
• Proxectamos a educación, máis alá da aula e do horario lectivo, a través de múltiples actividades formativas que axudan aos alumnos a abrirse a un mundo de dimensións cada día máis amplas e a tomar parte nas iniciativas sociais e pastorais. Favorecemos o asociacionismo como proposta e experiencia de compromiso humano e cristián.