arriba

 
Blanco
PortadaseparatorProxectoseparatorA nosa comunidade educativa

A nosa comunidade educativa


 img#86136


1. Este modelo de educación cristiá e vicenciana exixe que o Centro sexa unha auténtica Comunidade Educativa. O conxunto de persoas e estamentos que a forman intégranse harmónicamente, a través dunha participación e dunha acción educativa coherente.


Formar parte desta Comunidade Educativa compromete a:


Compartir e aportar, con espírito de servizo, a nosa competencia e habilidades.

• Esforzarse por construír unha comunidade viva na que todos busquemos o ben dos demais. A Entidade Titular establece e dá continuidade aos principios que definen o tipo de educación da nosa escola, así como os criterios de actuación que os garanticen; para isto, anima a acción educativa global do Centro e estimula a creación dun clima participativo que faga posible a corresponsabilidade.

• Os Alumnos/as son os protagonistas da súa formación, interveñen activamente na vida do Centro segundo as exixencias propias da idade, e asumen responsabilidades proporcionadas á súa capacidade.

• O Profesorado xoga un papel decisivo na escola; como educadores, o seu labor formativo vai máis alá da transmisión de coñecementos. Están directamente implicados na preparación, realización, e avaliación do Proxecto Educativo. Dan no seu labor formativo o sentido e a coherencia que exixe o Carácter Propio do Centro.

• As Familias, principais responsables da educación dos seus fillos, participan activamente na vida do Centro e préstanlle o seu apoio, especialmente, a través da Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA).


2. A relación constante entre Familias, Titores, Profesores e Dirección do Centro dá fecundidade e coherencia á acción educativa, e contribúe a conseguir un bo nivel na formación integral dos alumnos.