arriba

 
Blanco
PortadaseparatorOferta educativaseparatorEducación secundaria

Educación secundaria

A Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) abarca catro cursos comprendidos entre os 12 e os 16
anos. É unha etapa fundamental na formación do noso alumnado, a nivel persoal, emocional e
académico. Por iso potenciamos o pensamento crítico, fomentamos a responsabilidade cara á sociedade
e promovemos o equilibrio entre as tres dimensións da persoa: individual, social e transcendente.
Buscamos a excelencia académica de cada alumno, tendo en conta as súas capacidades e intereses.
Apoiámolos e acompañámolos no seu camiño, de cara a un cada vez máis próximo e esixente futuro, de
modo que poidan seleccionar con madurez entre as opcións que se lles ofrecen.


Para iso:


• Impulsamos unha educación integral da persoa. Baseada en valores (solidariedade,
responsabilidade, coidado do medio ambiente…) Procuramos que o noso alumnado sexa
sensible cara os máis desfavorecidos participando en proxectos solidarios propios ou
colaborando con outras entidades: Proxectos Aprendizaxe-servizo.


• Apostamos polo plurilingüismo. Contamos con auxiliar de conversa nativo, impulsamos a
inmersión lingüística no estranxeiro (familias anglosaxonas) e favorecemos a competencia
activa en inglés (English club).


• Integramos as TIC na aula. En 1º e 2º ESO compatibilízase o soporte papel co dixital (proxecto
E-Dixgal). En 3º e 4º ESO impártese robótica como curricular, dentro da materia de tecnoloxía.


• Preocúpanos o seu futuro. O equipo de orientación mantén un labor conxunto con toda a acción
educativa prestando orientación persoal e académica tanto ó alumnado coma ás familias. O
profesorado leva a cabo (fóra do horario lectivo) reforzos educativos e estudos vixiados para o
alumnado que o precisa.


• Potenciamos as habilidades culturais e artísticas. A través de animación á lectura (plan lector
específico, club de lectura “O faro das letras”), visitas culturais (museos, teatro, concertos,
musicais…), formación musical (coro xuvenil, grupos instrumentais, batuca…) e obradoiro de
teatro.


• Mantemos unha comunicación constante e fluída coas familias. Por medio das titorías,
plataforma Educamos, a páxina web e as nosas redes sociais.


• Traballamos por un desenvolvemento sustentable. O coñecemento e o coidado da contorna
máis próxima é unha das nosas preocupacións porque xerará persoas responsables no futuro
coa sociedade e o medio ambiente.