Educación infantil
![]() |
![]() |
No Colexio Sagrado Corazón de Jesús ofrecemos a posibilidade de cursar o segundo ciclo, isto é de 3-6 anos, con dúas aulas para cada nivel.
Os nenos/as inician unha nova etapa de escolarización e nós (profesores, pais e alumnos) debemos adaptarnos, construír, caer e volvernos a levantar e, en especial, axudarnos e cooperar uns con outros. A finalidade da Educación Infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos/as.
Cada neno é un ser único, con características propias e un ritmo de evolución que pode ser moi diferente do resto dos nenos da súa idade. Con todo, hai uns aspectos evolutivos que habitualmente comparten e que desde o colexio tratamos de desenvolver:
Principais aspectos a desenvolver:
• Coñecemento do corpo.
• A coordinación motora, tanto grosa como fina.
• A autonomía.
• A construción da propia identidade.
• O proceso de socialización.
• A dimensión cognitiva.
• A linguaxe comprensiva.
• A linguaxe expresiva.
Ademais nesta etapa inícianse:
• A lectura e a escritura.
• O método de lecto-escritura é aberto e flexible
E trabállase:
• A discriminación auditiva.
• A asociación do son coa grafía.
• A discriminación visual.
• O trazado da letra.
• A inmersión no bilingüísmo.
En Educación Infantil contamos cunha profesora especialista en lingua inglesa que, diariamente e en sesións de media hora, a través de xogos e cancións, pon en contacto aos nenos coa primeira lingua estranxeira.
Nos niveis superiores da etapa (4 e 5 anos) tamén contamos coa axuda dunha auxiliar de conversa, que favorece que os nosos alumnos/as alcancen os obxectivos marcados pola especialista e axuda a que se expresen de forma espontánea en inglés.
As TIC
Todos os alumnos/as de Educación Infantil utilizan as tecnoloxías da información e comunicación axudando así a alcanzar os obxectivos.
Relixión Católica.
A educación relixiosa nesta etapa diríxese a afianzar e ampliar os distintos ámbitos de desenvolvemento do neno/a, preparándose para a relación con Deus Pai a través da linguaxe, o xogo e os símbolos. Neste espertar relixioso o importante é respectar o sagrado, achegarse á figura de Deus e comunicarse con El.