arriba

 
Blanco
PortadaseparatorAxudas para libros

Axudas para libros

 img#60809

Convocatoria de axudas para libros, fondo solidario e material escolar

Data: Martes, 23 de Maio de 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica a orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

As instancias pódense obter na secretaría do noso centro, no portal educativo da Consellería (aquí)  ou ben na sede electrónica da Xunta de Galicia (aquí).

O prazo de presentación é do 23 de maio ao 23 de xuño do 2017.